Esta semana, a nosa biblioteca abriu as súas portas de xeito especial para dúas iniciativas moi importantes. Por unha banda, celebramos a formación de persoas usuarias para o profesorado, unha sesión na que presentamos a nova organización da biblioteca, a disposición dos fondos e o funcionamento dos préstamos e horarios. Foi un espazo de intercambio e aprendizaxe para facilitar o acceso e uso deste recurso fundamental no día a día do centro.
Ademais, coincidindo con esta sesión, levamos a cabo unha xornada de portas abertas para as familias interesadas no próximo curso. Durante a visita, tiveron a oportunidade de coñecer a nosa biblioteca, os seus espazos creativos, as dinámicas de traballo e o papel fundamental que xoga na vida escolar do alumnado.
Unha tarde completa, na que profesorado e familias puideron descubrir todo o que a bibliogalán ofrece como motor de aprendizaxe, lectura e creatividade.
Consulta aquí a nosa guía de persoas usuarias da bibliogalán