O Club de Lectura do Profesorado reuniuse esta semana para analizar La casa del padre, de Karmele Jaio, nun encontro no que participaron docentes do CEIP de Galán, EEI de Barrionovo e EEI de Vilarrodís - Oseiro. Durante a sesión, reflexionamos sobre os temas centrais da novela a través de dinámicas participativas que puxeron o foco nos silencios familiares, os roles de xénero e a identidade persoal.
A actividade "Palabras herdadas" permitiunos conectar co impacto da linguaxe na nosa identidade, mentres que en "Escenas en debate" analizamos fragmentos clave da historia para afondar na carga mental das mulleres, os silencios na comunicación e a crise de identidade masculina. Pechamos a sesión cunha reflexión colectiva sobre pequenos e grandes cambios que podemos aplicar tanto a nivel persoal como profesional.
Unha vez máis, a literatura serviu de punto de encontro para compartir ideas e abrir novas perspectivas. Agardamos con ganas a próxima lectura!