Amosando publicacións coa etiqueta formación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta formación. Amosar todas as publicacións

6 de maio de 2026

Xornadas de formación do curso 2025/2026

 

Achégase cada vez máis o fin de curso e comezamos a facer balance de todo o aprendido. Un curso máis, a bibliogalán asistiu a diferentes xornadas de formación organizadas pola Asesoría de Bibliotecas. 

- O sábado 15 de novembro tivo lugar a Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2025. O programa da xornada está aquí enlazado. 

- O 5 de marzo asistimos ao encontro do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares correspondente a este curso. Podes consultar o programa aquí

- O 29 de abril de 2026 estivemos na XVIII Xornada de Clubs de Lectura. Enlazamos o programa aquí.

Escoitamos diversas experiencias moi diversas sobre libros, deseño, clubs de lectura, voluntariado, traballo por proxectos, radio, bibliotecas do rural, alfabetización internacional, premios literarios, etc. 








9 de abr. de 2026

Formación do Plan de Lectura, Escritura e Acceso á información



Este curso, desde a bibliogalán, decidimos formarnos sobre o novo Plan de Lectura, Escritura e Acceso á información. 

Contamos con tres docencias nas cales se trataron os seguintes temas:

1. O PLEA: Revisamos os aspectos principais do documento que deberemos elaborar. Para axudarnos con todo isto contamos co asesor de competencia lectora Diego Rúa

2. Lectura e escritura: Facemos un repaso do proceso de lectoescritura, desde a codificación ata a producción de textos. Tamén nos paramos un anaco para falar da oratoria. Os compañeiros do CEIP Plurilingüe de Centieiras Ángel Ferreirós, Andréa Fernández e Marta Noya foron os encargados de guiarnos por estes temas. 

3. Acceso á información: Comentamos a importancia da formación de usuarios da biblioteca escolar, da formación documental (a relevancia do uso diverso de fontes, de tipos de textos, etc.) e dos proxectos documentais integrados. Silvia Pérez, do CEIP Plurilingüe de Louro acompañounos nesta docencia. 

Agradecémoslles a todos a súa visita. 

24 de out. de 2025

Formación de usuarios da bibliogalán

 


Este luns a bibliogalán ofreceu unha formación de persoas usuarias para o profesorado do centro. Fixemos un pequeno recordatorio sobre cuestións como a organización do espazo, o funcionamento dos préstamo ou os horarios. 

25 de feb. de 2025

Formación de usuarios para o profesorado e xornada de portas abertas na biblioteca

Esta semana, a nosa biblioteca abriu as súas portas de xeito especial para dúas iniciativas moi importantes. Por unha banda, celebramos a formación de persoas usuarias para o profesorado, unha sesión na que presentamos a nova organización da biblioteca, a disposición dos fondos e o funcionamento dos préstamos e horarios. Foi un espazo de intercambio e aprendizaxe para facilitar o acceso e uso deste recurso fundamental no día a día do centro.

Ademais, coincidindo con esta sesión, levamos a cabo unha xornada de portas abertas para as familias interesadas no próximo curso. Durante a visita, tiveron a oportunidade de coñecer a nosa biblioteca, os seus espazos creativos, as dinámicas de traballo e o papel fundamental que xoga na vida escolar do alumnado.

Unha tarde completa, na que profesorado e familias puideron descubrir todo o que a bibliogalán ofrece como motor de aprendizaxe, lectura e creatividade. 

Consulta aquí a nosa guía de persoas usuarias da bibliogalán

13 de dec. de 2024

Obradoiro sobre o etiquetado dos xogos


Na bibliogalán participamos nun obradoiro para todo o alumnado de primeiro ciclo de Educación Primaria sobre os principais etiquetados dos xogos e xoguetes que tanto protagonismo teñen nas festas de inverno que xa estamos a celebrar. Puidemos experimentar e coñecer as iconas sobre a idade, os materias, a súa orixe, a súa responsabilidade ambiental, etc. Para que todas e todos, á hora de facer as compras, poidamos entender a súa etiquetaxe e facelas o máis seguras e conscientes posibles.

8 de xuño de 2024

Un ano de cambios e moita formación


Este curso, coa integración no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), estamos levando a cabo unha reforma substancial na bibliogalán, especialmente no que respecta a mobiliario e en todo o relacionado coa xestión e organización de fondos. Para axudarnos con todo isto, dentro do Plan de Formación Permanente de Profesorado (PFPP) contamos co apoio de axuda de Fátima Romero do CEIP Milladoiro, que nos falou e deu cosellos de como abordar este cambio no noso espazo. Pero ademais disto, outro cambio moi importante esta a ser a nosa migración a Koha-bescolares cero, un programa de xestión e organización dos fondos que será un cambio radical na nosa BE e que estamos a formarnos da man dun curso en rede na plataforma de PLATEGA.

Por outro lado, continuamos a coñecer un pouco máis en profundidade os nosos recursos interactivo - dixital e especialmente vicunlados á cultura maker cos que contamos no noso espazo: tabletas, impresión 3D, pensamento computacional, construcións, etc. Esta formación veu impartida da man do noso compañeiro do propio equipo da BE, Diego Rúa.

Outras das formacións importantes que levamos a cabo este ano foi coa asociación ALAS A Coruña, xa que este ano o noso Proxecto Anual de Centro estivo enfocado no traballo da diversidade, que mellor que elas e eles para falarnos sobre a diversidade - afectivo sexual

É por último, Juan Rodríguez de Caramuxo teatro e Galgo azul visitou a nosa bibliogalán para levar a cabo un pequeno obradoiro de expresión corporal, dinamización e fomento da lectura que nos encantou.