Esta semana, o alumnado de primeiro ciclo de Educación Primaria participou nunhas charlas moi especiais sobre o coidado do medio ambiente. Estas sesións tiveron lugar na nosa biblioteca e convertéronse nun espazo de aprendizaxe, reflexión e moita curiosidade.
Falamos da importancia dos pequenos xestos que podemos facer cada día para coidar a natureza e mesmo descubrimos como afecta o noso comportamento á vida dos animais, das plantas e tamén das persoas.
Dende a biblioteca seguimos comprometidos coa educación ambiental e con formar unha comunidade lectora e responsable co noso entorno.