O alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP de Galán visitou esta semana o IES de Pastoriza, o instituto adscrito no que continuarán os seus estudos a partir de setembro.
Durante a visita, puideron coñecer as instalacións do centro, achegarse ao seu funcionamento diario e visitar a biblioteca, que se converterá nun espazo importante na súa nova etapa.
Desde o equipo da biblioteca tivemos un agasallo moi significativo: un lote cos libros lidos este ano no club de lectura do instituto, un programa de continuación do noso centro no que participan moitas e moitos das nosas exalumnas e dos nosos exalumnos e co que desde este curso mantemos colaboración e coordinación.
A sorpresa non quedou aí: un dos libros incluía un código QR que leva a un vídeo elaborado polo alumnado do club, no que comparten un "knolling literario" feito por elas mesmas e eles mesmos. Un detalle creativo, emotivo e moi inspirador para as noas futuras e os nosos futuros estudantes.
Foi unha xornada de transición chea de ilusión, que axuda a perder o medo ao cambio e a imaxinar con confianza o que está por vir. Grazas ao IES de Pastoriza por abrir as portas con tanto cariño!