Esta semana celebramos unha nova sesión do club de lectura do alumnado, e fixémolo dun xeito moi especial: ao aire libre, no pinar da escola, aproveitando o bo tempo, a chegada da primavera e as impresionantes vistas á costa de Arteixo.
Os libros protagonistas foron Heartstopper na súa versión en galego e Wombo Combo de Paula Carballeira, unha lectura que deu lugar a conversas interesantes, reflexións compartidas e dinámicas participativas, nas que o alumnado puido expresarse, escoitar e conectar a través das emocións que transmite a historia.
Foi unha sesión chea de natureza, tranquilidade e palabras que nos achegan, que nos fan pensar e sentir.
Porque ler xuntas e xuntos tamén pode ser unha experiencia para vivir fóra das aulas.