Chegamos ao final do curso, e con el é momento de facer avaliación, de mirar cara atrás e pensar entre todas e todos como mellorar a nosa biblioteca escolar.
Desde o equipo da biblioteca queremos escoitar a vosa opinión: saber que é o que máis valorades, que aspectos se poden reforzar e que propostas tedes para seguir facendo da biblioteca un espazo vivo, útil, creativo e participativo.
Por iso, animamos a familias, profesorado e alumnado a cubrir o formulario correspondente. Só vos levará uns minutos e axudará moito ao noso traballo para o vindeiro curso:
🔹 Formulario para familias e alumnado:
🔹 Formulario para profesorado:
A vosa participación é moi valiosa. A biblioteca é de todas e todos, e a construímos xuntas/os, paso a paso.