13 de maio de 2026

Mochila temática para familias cun bebé na casa



Desde a bibliogalán temos unha nova que darvos que nos fai moita ilusión. Estivemos preparando esta bolsa temática para que a disfrute o noso alumnado que vai ter un irmán ou irmá proximamente ou que o tivo recentemente. Sabemos que é un momento moi especial para unha familia e queremos compartilo con vós a través destas historias. Incluímos tamén un caderno para que nos contedes como está a ser esta nova experiencia vital. 

Se queredes levala para casa, só tedes que escribirnos un correo á biblioteca.ceip.galan@edu.xunta.gal explicándo que queredes reservar a bolsa "Un máis na casa!" e xa nos ocupamos de facérvola chegar.