7 de maio de 2026

Unha bolsa para compartir en familia

 

Desde a bibliogalán puxemos en marcha esta bolsa temática con materais variados dirixidos aos diferentes membros do fogar.
Esta bolsa inclúe recursos de diversa índole: 
  • Un xogo de cartas ideal para xogar en familia: El juego de las familias diversaurias
  • Un libro que nos ensina a falar cos nosos fillos e fillas, chamado El arte de hablar con niños
  • Un recetario, Receitas pequerrechas, para cociñar todos e todas xuntos. 
  • O libro Tareas compartidas, familia feliz, que invita a reflexionar sobre a repartición das tarefas no fogar e axúdanos a organizarnos mellor dun xeito máis equitativo. 
  • O álbum ilustrado Mejillas rojas, que pon en valor a importancia dos avós e avoas. 
Esperamos que a disfrutedes en familia.