Achégase cada vez máis o fin de curso e comezamos a facer balance de todo o aprendido. Un curso máis, a bibliogalán asistiu a diferentes xornadas de formación organizadas pola Asesoría de Bibliotecas.
- O sábado 15 de novembro tivo lugar a Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2025. O programa da xornada está aquí enlazado.
- O 5 de marzo asistimos ao encontro do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares correspondente a este curso. Podes consultar o programa aquí.
- O 29 de abril de 2026 estivemos na XVIII Xornada de Clubs de Lectura. Enlazamos o programa aquí.
Escoitamos diversas experiencias moi diversas sobre libros, deseño, clubs de lectura, voluntariado, traballo por proxectos, radio, bibliotecas do rural, alfabetización internacional, premios literarios, etc.

.heic)