Amosando publicacións coa etiqueta avaliacion. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta avaliacion. Amosar todas as publicacións

27 de maio de 2026

A túa opinión conta!


Ao achegarnos ao final do curso, queremos facer balance de todo o aprendido e compartido durante estes meses. Para iso, poñemos en marcha un proceso de avaliación no que a participación de toda a comunidade educativa é fundamental.

Co obxectivo de seguir mellorando a bibliogalán, elaboramos varios cuestionarios dirixidos ao profesorado, alumnado, familias e participantes nos clubs de lectura. 

Animámosvos a participar. Só vos levará uns minutos e vainos axudar moito coñecer a vosa opinión para seguir construíndo unha biblioteca viva e creativa ao servicio de toda a comunidade educativa. 


🔸 Preguntas para FAMILIAS: Preme aquí.


🔸Preguntas para ALUMNADO de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria: Preme aquí.


🔸Preguntas para ALUMNADO de 3º, 4º, 5º e 6º: 
Preme aquí.


🔸Preguntas para participantes nos CLUBS DE LECTURA DE ALUMNADO: 
Preme aquí.


🔸Preguntas para ALUMNADO VOLUNTARIO da biblioteca: Preme aquí.


🔸Preguntas para PROFESORADO: 
Preme aquí.


🔸Preguntas para participantes en CLUBS DE LECTURA DE PROFESORADO: 
Preme aquí.

2 de xuño de 2025

Axúdanos a mellorar a nosa biblioteca!

Chegamos ao final do curso, e con el é momento de facer avaliación, de mirar cara atrás e pensar entre todas e todos como mellorar a nosa biblioteca escolar.

Desde o equipo da biblioteca queremos escoitar a vosa opinión: saber que é o que máis valorades, que aspectos se poden reforzar e que propostas tedes para seguir facendo da biblioteca un espazo vivo, útil, creativo e participativo.

Por iso, animamos a familias, profesorado e alumnado a cubrir o formulario correspondente. Só vos levará uns minutos e axudará moito ao noso traballo para o vindeiro curso:

🔹 Formulario para familias e alumnado:

🔹 Formulario para profesorado:

A vosa participación é moi valiosa. A biblioteca é de todas e todos, e a construímos xuntas/os, paso a paso.

23 de maio de 2024

É o momento de avaliar!


Todo proceso precisa dunha avaliación para poder establecer unha serie de melloras para vindeiros cursos. Por iso, estaríamos encantadas e encantados de coñecer a túa opinión anónima. É moi importante para todas e todos nós!