Amosando publicacións coa etiqueta saídas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta saídas. Amosar todas as publicacións

18 de maio de 2026

Actividades na Biblioteca Municipal de Arteixo





Como xa é tradición, o noso alumnado visitou as bibliotecas municipais de Arteixo durante este trimestre. Sempre nos acollen con actividades cheas de creatividade, aprendizaxe e moito amor polos libros. 

Os diferentes grupos particparon en propostas diferentes adaptadas á súa idade: sesións de lectura de historias, actividades de animación á lectura ou de formación de usuarios

Estas visitas son unha oportunidade para conectar coa lectura dun xeito vivo e compartido, para redescubrir as bibliotecas como espazos abertos e cheos de posibilidades e para permitirlle ao noso alumnado a desenvolver autonomía e espíritu crítico

Moitas gracias ao equipo da Biblioteca Municipal de Arteixo pola súa acollida!

Ata o vindeiro curso!



4 de xuño de 2025

Coñecendo Arteixo da man de Xabier Maceiras

Este curso tivemos, de novo, a sorte de contar coa colaboración do escritor e investigador Xabier Maceiras para realizar un ciclo de saídas pola contorna de Arteixo, dirixidas a todo o alumnado do centro. Grazas á súa experiencia e coñecemento do patrimonio natural, histórico e cultural do noso concello, puidemos mergullarnos na historia viva dos lugares que nos rodean.

Durante os meses de marzo, abril, maio e xuño, todas as etapas educativas participaron en roteiros deseñados para descubrir espazos emblemáticos como o Pazo de Galán, as torres vixía da costa, a estación de Uxes, os petroglifos de Larín, a fábrica de curtidos, ou os sendeiros de Pastoriza, Larín e Sabón. Tamén exploramos contornas naturais como O Baleeiro en Suevos, e realizamos actividades especiais como o roteiro de lendas, que deixou abraiado ao alumnado de 4º de Primaria.

Estas saídas non foron só unha oportunidade para aprender fóra das aulas, senón tamén para desenvolver un vínculo máis profundo co noso entorno, recoñecer a nosa identidade local e promover o respecto polo patrimonio.

Agradecemos enormemente a Xabier Maceiras a súa disposición, sabedoría e entusiasmo, así como ao profesorado. Grazas a esta iniciativa, a biblioteca do CEIP de Galán fortalece a súa conexión coa comunidade, dando sentido ao labor educativo como experiencia vital e significativa.