O Samaín chegou á BiblioGalán coincidindo coa apertura e inicio de todas as actividades que temos programadas para este curso 2022 - 2023. Entre elas, como xa comentamos, recuperamos os recreos na biblio, con recantos temáticos cada día.
Esta semana, todas as actividades estiveron relacionadas ca celebración do Samaín, por iso, en cada quenda de recreo, levamos a cabo propostas como a elaboración de cabazas en realidade aumentada por medio das fichas da ferramenta Quiver, facendo un pequeno expositor de todos os deseños elaborados. Ademais, tivemos un pequeno obradoiro de máscaras con distintos personaxes vinculados ao mundo do Samaín e por último, a creación e visualización de hologramas de medo con modelos para a súa elaboración, plásticos e vídeos en rede. Foi terroríficamente abraiante.
Pero o Samaín non quedou aí e as voluntarias e os voluntarios fixeron unha busca exhaustiva de todos os fondos vinculados á temática e colocámolos en distintos expositores para que toda a nosa comunidade educativa pudiese facer lecturas e préstamos de medo. Así, con todas as propostas, nas horas de ler, estes libros foron os verdadeiros protagonistas.
Por último, no día de celebración da festa na escola, recibimos unha visita moi especial de todo o alumnado e profesorado da Escola de Educación Infantil de Barrionovo. Nela, ademais de participar en todas as actividades propostas e organizadas polo equipo de EACE, tuvieron un momento para asistir á nosa BiblioGalán e realizar unha pequena xuntanza interbibliotecas, na que Pablo, ex alumno da Escola, contou o conto de “a estraña visita” e despois un xogo de expresión oral con distintos personaxes de contos de Samaín como protagonistas. Unha experiencia que estamos desexando repetir.