Música de violinos soaron na Bibliogalán polo Día das Letras Galegas e pola coruñesa Luísa Villalta cunha lectura musicada do libro Luísa Villalta: sempre infinita de Bea Mejuto e Bea Gregores por parte do noso alumnado de cuarto e sexto de Educación Primaria e a música en directo das nosas compañeiras Valentina, Laura e Sofía que interpretaron pezas da música tradicional galega como Vivir na coruña que bonito é, A Rianxeira ou a Muiñeira de Chantada entre outras.
Ademais desta actividade que levamos a cabo en colaboracion co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, contamos cunha exposición audiovisual da vida e obra de Luísa, agasallamos marcapáxinas conmemorativos e fixemos unha recomendación de lecturas no recibidor da escola.