20 de maio de 2026
Letras e música: homenaxeando a Begoña Caamaño
18 de maio de 2026
Un xogo en Genially para coñecer a Begoña Caamaño
Na bibliogalán quixemos celebrar o Día das Letras Galegas poñendo o foco na homenaxeada, a autora Begoña Caamaño. Deseñamos este xogo en Genially para facer un pequeno repaso sobre a súa vida e obra.
Deixámosvos aquí o xogo e esperamos que vos guste.
15 de maio de 2026
Colección do Día das Letras Galegas
17 de maio de 2025
Celebramos as Letras Galegas con contos, música e tradición oral
Celebramos na biblioteca do CEIP de Galán unha emotiva e enriquecedora actividade para conmemorar o Día das Letras Galegas 2025, dedicado a un grupo de mulleres representantes da nosa tradición oral popular, entre elas Adolfina e Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira, Prudencia e Asunción Garrido Ameijende e Manuela Lema Villar, voces que mantiveron viva a nosa identidade a través das cantigas, os refráns, os contos e a música.
Contamos coa presenza de Carla, exalumna do centro, que compartiu con nós a lectura do conto Sei cantar e sei bailar, de Eva Mejuto, e aproveitou a ocasión para facer unha marabillosa introdución ao mundo da poesía e tradición oral galega.
Carla explicou detalles sobre o traxe tradicional galego e falounos das mulleres que lle dan sentido á homenaxe deste ano, entre elas algunhas pertencentes ás Cantareiras de Meis, pero tamén doutras zonas, todas elas transmisoras dunha cultura rica, oral e colectiva. Tamén nos ensinou algunha cantiga popular e animou ao alumnado a participar.
Un dos momentos máis especiais foi cando nos mostrou e tocou varios instrumentos tradicionais, moitos deles sinxelos e populares, como as cunchas, as culleres ou a pandeireta, demostrando como elementos cotiáns poden converterse en ferramentas musicais cheas de historia e significado.
Como peche da actividade, as cantareiras do noso centro interpretaron algunhas pezas preparadas coa súa profesora Salomé, enchendo a biblioteca de música e emoción.
Ademais, como agasallo para toda a comunidade educativa, elaboramos unhas pandeiretas en 3D, unindo tradición e tecnoloxía, como símbolo desta celebración tan especial.
A actividade foi organizada conxuntamente pola bibligalán e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Grazas a todas e todos por facervos partícipes dunha xornada tan auténtica e chea de raíz.
16 de maio de 2024
Violinos polas Letras Galegas
Música de violinos soaron na Bibliogalán polo Día das Letras Galegas e pola coruñesa Luísa Villalta cunha lectura musicada do libro Luísa Villalta: sempre infinita de Bea Mejuto e Bea Gregores por parte do noso alumnado de cuarto e sexto de Educación Primaria e a música en directo das nosas compañeiras Valentina, Laura e Sofía que interpretaron pezas da música tradicional galega como Vivir na coruña que bonito é, A Rianxeira ou a Muiñeira de Chantada entre outras.
Ademais desta actividade que levamos a cabo en colaboracion co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, contamos cunha exposición audiovisual da vida e obra de Luísa, agasallamos marcapáxinas conmemorativos e fixemos unha recomendación de lecturas no recibidor da escola.
19 de maio de 2023
Así foi o I Recital de Poesía da BiblioGalán



10 de maio de 2023
Organizamos o noso primeiro recital de poesía

Co gallo das Letras Galegas, celebramos na BiblioGalán o noso primeiro recital de poesía. O luns 15, martes 16 de maio e venres 19 nas dúas quendas de recreo, o alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria recitarán unha selección de poemas moi especial.
O aforo está limitado, así que non esquezas solicitar a túa entrada! Esperámosvos!



















