Por outro lado, continuamos a coñecer un pouco máis en profundidade os nosos recursos interactivo - dixital e especialmente vicunlados á cultura maker cos que contamos no noso espazo: tabletas, impresión 3D, pensamento computacional, construcións, etc. Esta formación veu impartida da man do noso compañeiro do propio equipo da BE, Diego Rúa.
Outras das formacións importantes que levamos a cabo este ano foi coa asociación ALAS A Coruña, xa que este ano o noso Proxecto Anual de Centro estivo enfocado no traballo da diversidade, que mellor que elas e eles para falarnos sobre a diversidade - afectivo sexual.
É por último, Juan Rodríguez de Caramuxo teatro e Galgo azul visitou a nosa bibliogalán para levar a cabo un pequeno obradoiro de expresión corporal, dinamización e fomento da lectura que nos encantou.