Amosando publicacións coa etiqueta PFPP. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PFPP. Amosar todas as publicacións

11 de xuño de 2025

Estreamos novo espazo na Bibliogalán!

Con motivo do final de curso e grazas á inclusión no programa PLAMBE, na nosa biblioteca estamos de estrea. Renovamos completamente o espazo coa ilusión de seguir medrando como laboratorio creativo de aprendizaxes. E así nace esta nova Bibliogalán: máis acolledora, máis versátil e chea de oportunidades para a lectura, a creación e o encontro.

Este novo espazo é o resultado do traballo durante todo o curso por parte do equipo de biblioteca, que non só coordinou a transformación física do lugar, senón que tamén estreou este ano unha nova organización e xestión dos fondos: reorganización por áreas, sinalización máis clara, mellora da accesibilidade e integración do sistema KOHA.

Seguimos a traballar na catalogación, reetiquetado e actualización dos fondos para facer da biblioteca un espazo funcional e ao servizo de toda a comunidade educativa.

Durante as vacacións axustaremos os últimos detalles para que en setembro estea todo listo, pero xa podemos darvos un adianto do que atoparedes:

📖 Unha zona de lectura e charla, con sofás, luz natural e libros sempre á vista.
🧠 Un espazo maker, co noso mobiliario novo, zona de traballo técnico e a impresora 3D en marcha.
🎲 Un recuncho infantil e de relax, cheo de xogos, lectura compartida e contacontos.
🪑 Unha zona de traballo en mesa, ideal para sesións grupais, obradoiros ou estudo.
✨ Un deseño flexible, vivo e acolledor para toda a comunidade educativa.

A nova biblioteca xa respira vida, curiosidade e creatividade. Un espazo que reflicte todo o que somos e todo o que queremos seguir sendo.

Estades convidados/as a descubrila en setembro… ou xa mesmo nas fotos 📸 que vos deixamos aquí!


















6 de xuño de 2025

Un día con Iván R.: ilustración, creatividade e moita inspiración

Esta semana tivemos o pracer de recibir no noso centro ao ilustrador, autor e editor Iván R., unha visita que nos encheu de creatividade e aprendizaxes visuais tanto para o club de lectura de alumnado como para o PFPP de profesorado.

Durante a mañá, Iván reuniuse co noso club de lectura de sexto de primaria. Compartiu co alumnado o seu apaixonante traballo como ilustrador, amosando algúns dos seus principais títulos publicados e debullando o proceso creativo que hai detrás das súas obras. Un dos momentos máis especiais foi a presentación do seu xogo de cartas Porquelandia, que serviu de inspiración para que os nenos e nenas creasen as súas propias cartas personalizadas do xogo. Unha actividade que combinou lectura, expresión artística e pensamento crítico.

Xa pola tarde, Iván foi o protagonista dunha xornada formativa dentro do PFPP do profesorado no eido da biblioteca. Presentounos a súa experiencia tanto como autor e ilustrador, como tamén a súa valiosa visión desde o mundo da edición, ofrecendo un enfoque novo e moi útil para comprender o percorrido que seguen os libros e fondos antes de chegar ás estanterías da nosa biblioteca escolar. A sesión incluíu un divertido obradoiro de creatividade e ilustración, que nos permitiu explorar a nosa imaxinación e coñecer ferramentas para aplicar na aula.

Grazas, Iván, por compartir o teu tempo e talento connosco e facer da nosa biblioteca un espazo aínda máis creativo e inspirador. Volta cando queiras!













8 de xuño de 2024

Un ano de cambios e moita formación


Este curso, coa integración no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), estamos levando a cabo unha reforma substancial na bibliogalán, especialmente no que respecta a mobiliario e en todo o relacionado coa xestión e organización de fondos. Para axudarnos con todo isto, dentro do Plan de Formación Permanente de Profesorado (PFPP) contamos co apoio de axuda de Fátima Romero do CEIP Milladoiro, que nos falou e deu cosellos de como abordar este cambio no noso espazo. Pero ademais disto, outro cambio moi importante esta a ser a nosa migración a Koha-bescolares cero, un programa de xestión e organización dos fondos que será un cambio radical na nosa BE e que estamos a formarnos da man dun curso en rede na plataforma de PLATEGA.

Por outro lado, continuamos a coñecer un pouco máis en profundidade os nosos recursos interactivo - dixital e especialmente vicunlados á cultura maker cos que contamos no noso espazo: tabletas, impresión 3D, pensamento computacional, construcións, etc. Esta formación veu impartida da man do noso compañeiro do propio equipo da BE, Diego Rúa.

Outras das formacións importantes que levamos a cabo este ano foi coa asociación ALAS A Coruña, xa que este ano o noso Proxecto Anual de Centro estivo enfocado no traballo da diversidade, que mellor que elas e eles para falarnos sobre a diversidade - afectivo sexual

É por último, Juan Rodríguez de Caramuxo teatro e Galgo azul visitou a nosa bibliogalán para levar a cabo un pequeno obradoiro de expresión corporal, dinamización e fomento da lectura que nos encantou.