Esta semana recibimos no CEIP de Galán unha visita moi especial: o alumnado de 6º de Educación Infantil dos centros de Educación Infantil adscritos achegouse ao noso colexio para coñecelo... porque en setembro xa serán parte del!
Durante a mañá, puideron explorar as instalacións e facer unha parada moi especial na biblioteca, onde lles esperaban as nenas e nenos de 1º de Educación Primaria. Moitas caras coñecidas reencontráronse, xa que moitas destas novas lectoras e lectores foron compañeiras e compañeiros o curso pasado.
Nesta ocasión, exerceron de madriñas e padriños lectoras/es, lendo contos e, sobre todo, resolvendo dúbidas e curiosidades sobre o que lles agarda no seu novo colexio: como son as clases, o recreo, os libros, as mestras e mestres…
Foi unha xornada chea de emoción, lembranzas e ilusión polo que está por vir. Dámoslles a benvida con moita alegría ás futuras alumnas e alumnos do CEIP de Galán!