Amosando publicacións coa etiqueta presentación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta presentación. Amosar todas as publicacións

23 de xuño de 2025

As telleiras chegan á nosa biblioteca

Acabamos de recibir con moita ilusión un agasallo moi especial: Xabier Maceiras, colaborador habitual nas saídas culturais pola contorna do noso centro, fíxonos entrega do seu novo libro: As telleiras da Laracha e os cabaqueiros do Baixo Miño. Unha obra que pasa a formar parte do fondo documental da nosa biblioteca.

Este libro recolle cunha mirada rigorosa e chea de respecto a memoria do traballo tradicional das telleiras, tan presente no noso territorio e tan descoñecido para as novas xeracións. Grazas a Xabier por dedicarnos o exemplar con tanto agarimo e por continuar enriquecendo o noso coñecemento da contorna.

Agardamos poder vernos en setembro cunha presentación oficial na biblioteca, para o noso alumnado!


10 de xuño de 2024

Pablo Mariño presenta o seu novo libro

O escritor arteixán e membro da nosa comunidade educativa Pablo Mariño, visitou a bibliogalán para presentar o seu último libro O arrecendo das noites de vésperas. Unha selección de poemas moi próximos á nosa contorna (en desenvolvemento do noso PAC) e que as nenas e nenos de quinto de Educación Primaria puideron gozar e compartir con él. Moitas grazas pola visita!