Amosando publicacións coa etiqueta autores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta autores. Amosar todas as publicacións

18 de maio de 2026

Encontro con María Canosa


O pasado xoves, coincidindo coa semana na que celebramos o Día das Letras Galegas, tivemos a sorte de contar coa presenza dunha autora moi querida na bibliogalán: María Canosa. Os alumnos e alumnas que forman parte dos nosos clubs de lectura de alumnado, Os Caracoliños e Os Marciáns Lectores, mantiveron un encontro con ela para intercambiar impresións sobre a novela A Cazadora de Estrelas. Contounos un pouco sobre o seu proceso creativo, a súa vida e resolveu todas as nosas dúbidas sobre o libro.

Moitísimas grazas pola visita!




6 de maio de 2026

Visíta da autora Sara Aramburu


O xoves 30 de abril visitou a bibliogalán a autora Sara Aramburu e leunos o seu libro ¿Dónde está mi vaso de agua? acompañada de quen inspirou a historia. Asistiu o alumnado de 1º e 3º de Educación Primaria Moitas grazas á ANPA da escola por organizar esta actividade.

15 de abr. de 2026

Visita de María Canosa

O vindeiro xoves, 14 de maio contaremos coa vista de María Canosa. A autora terá un encontro na bibliogalán cos alumnos e alumnos dos nosos clubs de lectura para comentar a obra que estamos lendo actualmente: A cazadora de estrelas

Estamos moi emocionadas e emocionados de coñecela e poder falar con ela do seu libro!

24 de feb. de 2026

Club de lectura de profesorado, con Samuel L. París


Onte celebramos a segunda xuntanza do club de lectura de profesorado, que conta con docentes do CEIP de Galán, EEI de Barrionovo, EEI de Vilarrodís-Oseiro e IES Pastoriza. Esta vez tivemos o pracer de ter connosco a Samuel L. París, autor do divertidísimo Pifostio. Falamos con Samuel dos nosos relatos favoritos do libro e coñecimos un pouco da súa traxectoria e proceso creativo. Moitas grazas pola visita!


23 de xuño de 2025

As telleiras chegan á nosa biblioteca

Acabamos de recibir con moita ilusión un agasallo moi especial: Xabier Maceiras, colaborador habitual nas saídas culturais pola contorna do noso centro, fíxonos entrega do seu novo libro: As telleiras da Laracha e os cabaqueiros do Baixo Miño. Unha obra que pasa a formar parte do fondo documental da nosa biblioteca.

Este libro recolle cunha mirada rigorosa e chea de respecto a memoria do traballo tradicional das telleiras, tan presente no noso territorio e tan descoñecido para as novas xeracións. Grazas a Xabier por dedicarnos o exemplar con tanto agarimo e por continuar enriquecendo o noso coñecemento da contorna.

Agardamos poder vernos en setembro cunha presentación oficial na biblioteca, para o noso alumnado!


6 de xuño de 2025

Un día con Iván R.: ilustración, creatividade e moita inspiración

Esta semana tivemos o pracer de recibir no noso centro ao ilustrador, autor e editor Iván R., unha visita que nos encheu de creatividade e aprendizaxes visuais tanto para o club de lectura de alumnado como para o PFPP de profesorado.

Durante a mañá, Iván reuniuse co noso club de lectura de sexto de primaria. Compartiu co alumnado o seu apaixonante traballo como ilustrador, amosando algúns dos seus principais títulos publicados e debullando o proceso creativo que hai detrás das súas obras. Un dos momentos máis especiais foi a presentación do seu xogo de cartas Porquelandia, que serviu de inspiración para que os nenos e nenas creasen as súas propias cartas personalizadas do xogo. Unha actividade que combinou lectura, expresión artística e pensamento crítico.

Xa pola tarde, Iván foi o protagonista dunha xornada formativa dentro do PFPP do profesorado no eido da biblioteca. Presentounos a súa experiencia tanto como autor e ilustrador, como tamén a súa valiosa visión desde o mundo da edición, ofrecendo un enfoque novo e moi útil para comprender o percorrido que seguen os libros e fondos antes de chegar ás estanterías da nosa biblioteca escolar. A sesión incluíu un divertido obradoiro de creatividade e ilustración, que nos permitiu explorar a nosa imaxinación e coñecer ferramentas para aplicar na aula.

Grazas, Iván, por compartir o teu tempo e talento connosco e facer da nosa biblioteca un espazo aínda máis creativo e inspirador. Volta cando queiras!