Amosando publicacións coa etiqueta 25n. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 25n. Amosar todas as publicacións

27 de nov. de 2025

25N, a bibliogalán contra a violencia machista


O mércores conmemoramos na bibliogalán o 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. 

Todos os alumnos e alumnas da escola puxeron a vacina contra a violencia e prepararon lemas contra a violencia de xénero. 

Ademais, preparamos unha colección de libros tanto nos corredores como en Koha, que podes ver premendo aquí. 


27 de nov. de 2024

Lecturas compartidas polo 25N


A conmemoración do 25N pola eliminación da violencia contra a muller pasou pola bibliogalán en forma de lecturas compartidas por parte do noso alumnado de quinto de Educación Primaria para o alumnado de segundo de Educación Primaria. A lectura de O país dos mandóns de Paloma Rodríguez e Cristina Justo levounos a un debate e reflexión moi interesante e importante. Ademais, contamos cunha selección de lecturas para préstamos, compartir en aula, etc.



28 de nov. de 2023

Así foi a primeiro club de lectura para profesorado deste curso

No eido do 25N para a eliminación da violencia contra as mulleres, celebramos a sesión do club de lectura para profesorado na bibliogalán coa novidade da participación do profesorado da EEI de Barrionovo e a EEI de Vilarrodís - Oseiro, os nosos centros adscritos e a colaboración da biblioteca municipal de Arteixo.

Cunha comida e unha sobremesa de faladoiro e café, levamos a cabo unha serie de dinámicas de coñemento, distensión e outras que nos levaron de cheo a unha análise profunda do libro, especialmente, clasificando os tipos de violencia que apareceron ao longo da lectura. Sen dúbida, unha dinámica que nos levou a reflexionar e analizar de xeito tranquilo sobre aspectos que en moitas ocasións, por nós mesmas e mesmos non reparamos. 

Formas de estar lejos de Edurne Portela é unha lectura na que a súa protagonista vive unha relación moi complexa marcada por continuas e variadas situacións violentas nas que en moitas ocasións, todas e todo nós podemos recoñecernos. Sen dúbida, unha lectura moi recomendable.

Ata a próxima xuntanza!

24 de nov. de 2023

O 25N na bibliogalán


Unha das bandeiras da bibliogalán é o seu traballo pola promoción, visibilización e o empoderamento da figura da muller. Por iso, cada 25N, lembramos que temos que continuar traballando cara un fin común, a eliminación total da violencia contra a mesma.

Neste marco, o alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria dramatizou o conto de O libro dos porcos de Anthony Browne para as nenas e nenos do primeiro ciclo de Educación Primaria. Unha lectura perfecta para tomar conciencia dun problema que todas e todos queremos cambiar. 

Ademais, durante toda a semana, contamos cun expositor con lecturas recomendadas do eido para o traballo en aula, lectura, etc.

Outro momento importante será a celebración do club de lectura de profesorado no que a sesión estará centrada nas diferentes violencias cara a muller presentes no libro que estamos a ler, Formas de estar lejos de Edurne Portela.



25 de nov. de 2021

Hoxe e sempre, #25N


O 25 de novembro celebramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e o CEIP de Galán así como a súa #BiblioGalán, non quixeron perder a ocasión de condenar, de xeito rotundo, todo tipo de violencia contra ela.

Para isto, colaboramos ca Comisión de Convivencia á hora de desenvolver a actividade Campaña de vacinacion contra a violencia, onde o noso alumnado quedou vacinado, de xeito simbólico, contra todos os tipos de violencia aos que está sometida actualmente a muller.

Na entrada da escola contamos cun expositor de libros que ensalzan e empoderan a figura da muller así como poñen de manifesto a violencia contra elas, para que todo o alumnado, mestras, mestres e resto de comunidade educativa puidese consultar, levar en préstamos, ler nas súas aula, etc.

As mestras de terceiro de EP levaron a cabo unha lectura na nosa BE do conto O país dos mandóns, unha lectura que permitiu crear un espazo de debate, concienciación e didáctica da problemática.

O equipo da BE do CEIP de Galán