O venres 29 de outubro celebramos a festa do Samaín no centro e como non, na nosa BE. Organizado polo Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares (EACE) en colaboración ca biblioteca, as nenas e nenos da escola viviron unha xornada totalmente terrorífica. Ademais de participar durante toda a semana na creación artesá e tradicional de cabazas, que foron expostas no centro, o día da gran festa, asistiron a unha auténtica pasaxe do terror que remataba cun contacontos de medo.
As rapazas e rapaces do segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria, prepararon a representación duns contos para as nenas e nenos de Educación Infantil, primeiro, segundo e terceiro nivel de Educación Primaria. Unha actividade de promoción e fomento da lectura que fíxonos gozar a todas e todos.
A seleccción de libros, en galego, non puido ser máis terroríficamente divertida con contos como Carabuñas, O Papón, Os esqueletos divertidos, A figueira de Pelostortos, Corre corre cabaciña, A bruxa regañadentes, Un pesadelo no meu armario, Os tres bandidos, A min non me comas ou Tío lobo.
Ademais dos libros para os contacontos, durante este mes, o noso alumnado tivo unha exposición relacionada ca festa do Samaín cunha selección de libros con moitas novidades para facer os seus préstamos e a que foi todo un éxito de movemento.
Dende o Equipo de BE do CEIP de Galán queremos dar as gracias a toda a nosa comunidade educativa pola participación nesta festa que tanto gusta ás nosas nenas e aos nosos nenos da escola, ao noso equipo de EACE que traballaron moito para facer unha pasaxe de terror absolutamente espectacular e por suposto ás nosas e aos nosos contacontos.
O equipo da BE do CEIP de Galán.