25 de nov. de 2021

Hoxe e sempre, #25N


O 25 de novembro celebramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e o CEIP de Galán así como a súa #BiblioGalán, non quixeron perder a ocasión de condenar, de xeito rotundo, todo tipo de violencia contra ela.

Para isto, colaboramos ca Comisión de Convivencia á hora de desenvolver a actividade Campaña de vacinacion contra a violencia, onde o noso alumnado quedou vacinado, de xeito simbólico, contra todos os tipos de violencia aos que está sometida actualmente a muller.

Na entrada da escola contamos cun expositor de libros que ensalzan e empoderan a figura da muller así como poñen de manifesto a violencia contra elas, para que todo o alumnado, mestras, mestres e resto de comunidade educativa puidese consultar, levar en préstamos, ler nas súas aula, etc.

As mestras de terceiro de EP levaron a cabo unha lectura na nosa BE do conto O país dos mandóns, unha lectura que permitiu crear un espazo de debate, concienciación e didáctica da problemática.

O equipo da BE do CEIP de Galán