Novembro foi moi activo na BiblioGalán debido a celebración do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Dita conmemoración pretende promocionar e promover a ciencia, na nosa lingua e nas nosas bibliotecas e para tal fin, contamos con múltiples e diversas actividades.
Ao longo do mes, na pantalla de cinema cada día proxectamos distintas científicas galegas e distintos científicos galegos. Dando así a coñecer figuras relevantes e a súa posta en valor.
Durante os recreos na biblio, cada semana abordamos diferentes temáticas relacionadas ca ciencia como foi o traballo do pensamento computacional con actividades desenchufadas (códigos numéricos e cores), fichas de realidade aumentada de Quiver e Live Animation, experimentos, etc.
As titorías foron convidadas a realizar distintos experimentos na nosa BiblioGalán, polo que durante novembro, foi un auténtico laboratorio de aprendizaxes.
As familias levaron a cabo lecturas en galego tamén relacionadas co mundo da ciencia, como foi o caso do libro Conta conmigo de Miguel Tanco.
Tamén, e dentro do eido do noso Proxecto Anual de Centro, da man da mestra de Audición e Linguaxe, contamos cun obradoiro de Braille, un avance marabilloso da ciencia que permite as persoas con dificultades visuais poder ler e escribir. Ademais, na impresora 3D elaboramos distintas pezas en braille para fedellar con elas durante os nosos recreos na biblio.
Por último, contamos con expositores de libros divulgativos, informativos, experimentais, etc. para a súa promoción no préstamo semanal de cada titoría e nas distintas horas de ler das mesmas.