Amosando publicacións coa etiqueta gamificación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta gamificación. Amosar todas as publicacións

28 de maio de 2025

Abracadabra: unha aventura de ciencia, maxia e aprendizaxe compartida

Este curso, no marco do proxecto anual de centro sobre a ciencia, as bibliotecas escolares do CEIP de Galán e do CRA de Culleredo puxéronse mans á obra cunha nova gamificación compartida. Tras a exitosa experiencia do curso pasado —premiada no X Concurso de Traballos por Proxectos— os protagonistas desta nova historia volven mesturar aprendizaxe, fantasía e colaboración entre centros.

Todo comezou cunha transmisión moi especial. O Mago Fiz, un preadolescente entusiasta da maxia que emite en directo desde a súa canle de streaming, apareceu acompañado pola súa inseparable pata Néboa para realizar un sorprendente truco de cartas… que acabou saíndo mal. Ao facer desaparecer e reaparecer a súa baralla máxica, faltábanlle 8 cartas!

Buscando unha solución, Fiz recorreu ao libro do seu avó Maxín para intentar atopar un truco que o axudase… e así fixo aparecer a Catarina, o peluche que acompañara a Breogán na súa viaxe por Europa o curso pasado e protagonista da anterior gamificación, recoñecida a nivel autonómico. Foi ela quen lle deu a clave: pedir axuda ao alumnado de do CEIP de Galán e ao do CRA de Culleredo.

E así o fixo: Fiz pediu axuda directamente ás nenas e nenos, confiando en que serían quen de recuperar as cartas desaparecidas a través da observación, o enxeño, a colaboración… e un pouco de ciencia e maxia.

Dentro do paquete que nos chegou había un vídeo, unha carta moi especial e unha baralla incompleta, da que nos faltaban 8 cartas. Tamén nos mandaba unha listaxe de control coas cartas desaparecidas e as pegatinas correspondentes que iriamos engadindo a medida que superabamos os retos.

1. O as de corazóns: respecto e arte
Para recuperar a primeira carta, o alumnado tivo que aprender un truco de maxia con dados e unha caixa —“A xogada perfecta”— e, ao mesmo tempo, reflexionar sobre o respecto polas creacións artísticas dos demais. Cada neno e nena debuxou ao avó Maxín, autor do libro de maxia, sen ter unha imaxe del, dándolle vida desde a imaxinación.

2. O dous de picas: respirar, pensar, actuar
Un truco coas mans e unha chave máxica non acababa de saír. Fiz aprendeu a xestionar emocións grazas aos consellos do alumnado. Xogaron coa app Respira, pensa, actúa e organizaron en pictogramas os pasos dese proceso. Logo, descubriron o segredo: un imán oculto facía desaparecer a chave. Unha lección para manter a calma e buscar solucións.

3. O tres de rombos: pensamento computacional e empatía
Para superar esta misión, o alumnado participou en retos de pensamento computacional, resolvendo algoritmos no teclado do libro de Hello Ruby para descubrir a palabra agochada: empatía. Reflexionaron sobre o seu significado e practicaron un truco con ases, recoñecendo cal era a carta elixida segundo o seu posicionamento. Maxia e valores da man.

4. O catro de tréboles: mulleres que nos inspiran
Nesta ocasión, os protagonistas foron as catro damas, que se perdían nunha festa e regresaban xuntas grazas á maxia. Fiz revelou que representaban ás catro mulleres máis importantes da súa vida, e o alumnado fixo o mesmo: identificaron ás súas referentes femininas e fixeron un agasallo artístico inspirado na artista Judith Scott, decorando cartóns con la de cores. O agasallo entregouse o 8 de marzo, Día da Muller.

5. O cinco de corazóns: ciencia e aniversario
No seu aniversario, Fiz propuxo un experimento científico: a candea de aniversario, onde ao cubrir unha vela cun vaso, a auga sobe misteriosamente. O alumnado elaborou o método científico completo e reflexionou sobre o papel do aire. A sorpresa final chegou da man dunha intelixencia artificial, que lles pediu un conto colaborativo de agasallo para Fiz. Escolleron palabras, a IA creou a historia… e tamén a ilustrou!

6. O seis de picas: coidado dos bechiños
O truco da vacaloura máxica serviulle a Fiz para compartir un erro da súa infancia: capturar insectos sen pensar no seu benestar. Aprendeu a observar e coidar grazas a un hotel para insectos, e o alumnado fixo o mesmo: recibiron un hotel real, colocárono cunha árbore do colexio coa axuda do persoal de Medio Ambiente do Concello de Arteixo, e elaboraron unha infografía dos posibles hóspedes. Unha misión de coidado, natureza e respecto.

7. O sete de rombos: familia e maxia compartida
A pousada máxica onde os números se reorganizan despois dun apagón serviu de contexto para falar sobre a familia. Fiz compartiu que lle encantaba pasar tempo cos seus —lendo, xogando, cociñando— nas noites de treboada. Como reto, cada neno ou nena gravou un vídeo cun familiar facendo un truco de maxia. Unha forma de compartir coñecementos interxeracionais e descubrir que a maxia tamén se garda nas lembranzas e nos afectos.

 8. O oito de tréboles: o gran final
Só quedaba unha carta… e para recuperala, o alumnado tivo que resolver o gran enigma final. O avó Maxín e o Joker, infiltrado na listaxe de control, deixaran as cartas nunha caixa pechada cun cadeado numérico. Superando diferentes probas en equipo e lembrando todo o aprendido, conseguiron finalmente abrir a caixa.

Dentro, xunto á última carta da baralla, atoparon un xogo de maxia, uns patos de goma para recordar sempre a Néboa e a esta aventura, e un diploma que certificaba a súa colaboración na recuperación das cartas.

Epílogo
O proxecto Abracadabra foi moito máis ca unha gamificación: foi un camiño de aprendizaxe vivencial, interdisciplinar e compartido, que mesturou ciencia, emocións, creatividade, pensamento crítico e ética.

As bibliotecas do CEIP de Galán e do CRA de Culleredo volveron demostrar que a lectura, a investigación e a fantasía poden cambiar a escola… e facer que a maxia forme parte das nosas vidas para sempre.

8 de xuño de 2024

Esta foi a viaxe de Breogán

Imagen

Breogán está a rematar os seus estudos universitarios de arte. Como traballo de fin de grado, levará a cabo unha viaxe por Europa para coñecer a súa diversidade cultura, social, etc. 

Pura a tartaruga, que está escoitando a conversa de Breogán coas súas amizades, intervén preocupada polo custo ecolóxico que a viaxe en avión pode ter e propón empregar un medio máis sostible, neste caso, o tren.

Ver vídeo.

A viaxe promete ser longa e complexa, polo que Pura propón as nenas e nenos da bibliogalán para prestar axuda en todo o que Breogán precisa pola Europa. Vemos o vídeo e por suposto, estamos encantadas e encantados de axudar. 

Imagen

Imagen

Co noso compromiso de traballar xuntas e xuntos nesta aventura, Breogán, ben ledo, comparte un vídeo informándonos que a viaxe comeza xa mesmo e envíanos os materiais que precisamos para compartir con él esta viaxe.

Ver vídeo.

Nun mapa interactivo da Europa trazaremos a súa ruta e nun cartafol iremos gardando todo o material das nosas investigacións, misións, etc. Será unha guía de viaxe que completa, o Breogán presentará como traballo de fin de grao na súa universidade.

Imagen

Imagen

Imagen

O Breogán comeza a súa viaxe desde a estación de tren da Coruña. Unha mochila chea de roupa, libros, música e sobre todo, chea de ilusión por esta aventura que comeza. O seu primeiro destino? A cidade de Barcelona. 

Ver vídeo.

Despois de moitas horas de viaxe, Breogán chega a Barcelona onde aproveita para facer turismo, comer e preparar a súa primeira investigación.

Ver vídeo.

Unha das cousas que máis chamou a súa atención da cidade de Barcelona foi a obra do pintor e escultor Joan Miró. Como primeira misión e despois de documentarnos, levamos a cabo unha obra inspirada nos principais elementos e cores do artista.

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Coa guía a viaxe de Barcelona cuberta, Breogán por rumbo á cidade francesa de Lión. Durante a viaxe en tren, cóntanos o contro tradicional catalán de Garavanciño.

Ver vídeo.

Despois dunha viaxe tranquila, o tren de Breogán con destino Lión fai a súa chegada. así que foi a quenda dun pouco de turismo e por suposto, de repoñer forzas cunha boa merenda para comezar así a segunda investigación e misión para a súa guía da viaxe.

Ver vídeo.

Lión é unha cidade de artistas, pero sobre todo, é o berce do cinema. Nesta cidade, os irmáns Lumiere inventaron o cinematógrafo e, con él, o cinema. Como investigación e misión, levaremos a cabo o noso propio filme en formato de stop motion

Imaxe

O tema do noso filme? A paz. Poñemos sobre a mesa un problemas aos que queremos dar solución e comezamos a deseñar propostas personaxes, tramas, etc. para despois, gravar, editar e publicar o noso filme.

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Et voilà! O noso filme está listo. Unha misteriosa desaparición de merenda que remata co positivo que é compartir con todas e todos nós.

Ver vídeo.

Co filme rematado damos forma áo folla de Lión para a nosa guía da viaxe que vai conformando o TFG de Breogán. Máis xa hai algo que temos todas e todos nos na mente. Que destino será o seguinte?

Imaxe

Imaxe

O novo destino é Bruxelas. E coma sempre, para facer a viaxe máis amena, Breogán lenos o conto do Principiño do lionés Antoine de Saint- Exupéry. Que aventuras nos esperan en Bélxica? Estamos desexando coñecelas!

Ver vídeo.

Aproveitamos a viaxe de Breogán para facer a nosa propia viaxe en tren, e que mellor xeito que unha visita á estación de tren de Uxes, no noso propio concello e co escritor Xabier Maceiras, para ver chegar e marchar o tren así como facer un pequeno roteiro polas antigas vías xa en desuso.

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Xa en Bruxelas, Breogán falanos de todo o que está a ver e aprender na cidade. Nós facemos o mesmo cos nosos mapas interactivos. Encántanos pasear polas mesmas rúas que él.

Ver vídeo.

O Manneken Pis parécenos bastante divertido máis en Bruxelas hai outro personaxe que chama a atención de Breogán, Tintín. Polo que, a investigación e misión desta cidade belga terá como protagonista á banda deseñada

Imaxe

Imaxe

Documentámonos sobre a banda deseñada e os seus elementos e estamos preparadas e preparados para converternos en personaxes destes libros. Cunha fotografía en retrato, unha folla transparente e cores sempre temos moito que dicir, é por suposto, dentro de globos de cómic. 

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Coa investigación e a tarefa rematada, cubrimos a folla da guía da viaxe de Bruxelas que pouco a pouco vaise enchendo de moitas aventuras. Cal será a seguinte?

Imaxe

Imaxe

Breogán colle un tren con destino Alemaña, concretamente á cidade de Berlín e, como o traxecto é longo, Tintín é outras bandas deseñadas son compañeiras e compañeiros de viaxe perfectos tanto para él como para nós.

Ver vídeo.

Berlín é unha cidade culturalmente moi viva. Máis unha das cousas que máis chama a atención de Breogán foi o seu muro. Unha construción arquitéctonica que, tal é como nos conta Catarina, en tempos de guerra foi deseñada e empregada para separar.

Ver vídeo.

Afondamos na guerra e nos efectos e decidimos deseñar e crear as nosas propias construcións que unen. Iso é a nosa nova investigación e misión.

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Coa nosa construción que une, completamos a nosa gola da guía da viaxe de Breogán, que pouco a pouco vaise completando. E mentres comemos un bretzels, esperamos polo novo destino do noso compañeiro de aventuras. Que intriga!

Imaxe

Imaxe

Imaxe

O tren con Breogán de pasaxeiro ponse de novo en marcha e esta vez cara unha cidade con moita historia, Viena, en Austria.

Ver vídeo.

A Ópera Estatal de Viena deixa a Breogán coa boca aberta e ten claro que a música e a danza, sen dúbida, deben formar parte da súa guía da viaxe e polo tanto do seu traballo de fin de grao da universidade.

Imaxe

Como investigación e misión afondamos na historia musical e de danza da cidade na que o vals é un dos seus máximos expoñentes. Así que, cuns vasos e un pouco de maña, creamos dous bailaríns que se moverán ao ritmo da música de Johann Strauss e o seu Danubio Azul.

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Bailamos un vals?

Ver vídeo.

Xa temos a investigación e misión feita, así que cubrimos a guía da viaxe de Viena e preparámonos para a última investigación, xa que a entrega deste traballo na universidade de Breogán está moi preto.

Imaxe

Venecia é o último destino de Breogán. A cidade italiana destaca pola súa arquitectura sobre a auga máis ao igual que o resto do país, a alimentación, é o que máis chama a nosa atención.

Ver vídeo.

A alimentación en Italia é un auténtico arte así que como investigación e misión, levaremos a cabo a elaboración dunha pizza, xogando coa arte de crear, como se dunha autentica escultura do clásico italiano se tratase.

Imaxe

Imaxe

Viaxamos ata o Centro de Formación de Arteixo onde profesorado e alumnado do curso de cociña xunto co IES de Sabón axúdannos a facer unhas pizzas do máis artísticas e por suposto, saborosas.

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Imaxe

As nosas pizzas estaban espectaculares así que cubrimos a folla da guía da viaxe de Venecia e con ela, completamos esta aventura. É o momento de que Breogán volva á casa.

Imaxe

Imaxe

Breogán xa está de volta na Coruña. A súa viaxe estivo chea de aventuras pero sobre todo de aprendizaxes. Agora é o momento de compartir todo isto co seu titor da universidade e esperar os resultados da súa avaliación.

Ver vídeo.

Empaquetamos as guías da viaxe que son o seu traballo de fin de grao e envíamos á súa universidade. Estamos seguras e seguros de que vai ser un éxito!

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Imaxe


E chegou o momento de recibir as calificacións do TFG de Breogán sobre a súa viaxe en tren pola Europa e con elas, as despedidas


As guías da viaxe están de volta na nosa bibliogalán xunto cun diploma que certifica a nosa colaboración con Breogán e un pequeno agasallo para lembrar sempre esta bonita aventura.