Este mes de novembro celebramos o Mes da Ciencia en Galego. Nos corredores tivemos una exposición de libros sobre ciencia escritos en galego. Además tamén temos una serie de recomendacións en Koha, que podes ver premendo aquí.
28 de nov. de 2025
Experimentos no mes da ciencia e recomendacións lectoras
27 de nov. de 2025
Faladoiros do mes da ciencia
Dentro deste Novembro, mes da ciencia en galega, tivemos dúas charlas na bibliogalán a cargo de dúas persoas que forman parte da comunidade educativa do centro.
Cos alumnos e alumnas de 1º de Educación Primaria estivo unha bióloga que nos contou un montón de detalles interesantes sobre os seus traballos como investigadora e tamén como docente. Estivemos aprendendo un montón sobre xenética con ela!
Os rapaces e rapaces de 4º estiveron facéndolle un millón de preguntas a una técnica de soporte informático Help-Desk, que nos resolveu dúbidas sobre ordenadores, táblets ou teléfonos móbiles.
Moitas grazas ás dúaspola visita!
28 de maio de 2025
Abracadabra: unha aventura de ciencia, maxia e aprendizaxe compartida
Este curso, no marco do proxecto anual de centro sobre a ciencia, as bibliotecas escolares do CEIP de Galán e do CRA de Culleredo puxéronse mans á obra cunha nova gamificación compartida. Tras a exitosa experiencia do curso pasado —premiada no X Concurso de Traballos por Proxectos— os protagonistas desta nova historia volven mesturar aprendizaxe, fantasía e colaboración entre centros.
Todo comezou cunha transmisión moi especial. O Mago Fiz, un preadolescente entusiasta da maxia que emite en directo desde a súa canle de streaming, apareceu acompañado pola súa inseparable pata Néboa para realizar un sorprendente truco de cartas… que acabou saíndo mal. Ao facer desaparecer e reaparecer a súa baralla máxica, faltábanlle 8 cartas!
Buscando unha solución, Fiz recorreu ao libro do seu avó Maxín para intentar atopar un truco que o axudase… e así fixo aparecer a Catarina, o peluche que acompañara a Breogán na súa viaxe por Europa o curso pasado e protagonista da anterior gamificación, recoñecida a nivel autonómico. Foi ela quen lle deu a clave: pedir axuda ao alumnado de do CEIP de Galán e ao do CRA de Culleredo.
E así o fixo: Fiz pediu axuda directamente ás nenas e nenos, confiando en que serían quen de recuperar as cartas desaparecidas a través da observación, o enxeño, a colaboración… e un pouco de ciencia e maxia.
Dentro do paquete que nos chegou había un vídeo, unha carta moi especial e unha baralla incompleta, da que nos faltaban 8 cartas. Tamén nos mandaba unha listaxe de control coas cartas desaparecidas e as pegatinas correspondentes que iriamos engadindo a medida que superabamos os retos.
Dentro, xunto á última carta da baralla, atoparon un xogo de maxia, uns patos de goma para recordar sempre a Néboa e a esta aventura, e un diploma que certificaba a súa colaboración na recuperación das cartas.
As bibliotecas do CEIP de Galán e do CRA de Culleredo volveron demostrar que a lectura, a investigación e a fantasía poden cambiar a escola… e facer que a maxia forme parte das nosas vidas para sempre.