20 de dec. de 2023

Apadriñamentos lectores, agasallando lecturas

Estamos en tempos de agarimo e agasallos, por iso, nunha nova sesión dos nosos apadriñamentos lectores, as nenas e nenos de terceiro, cuarto, quinto e sexto de Educación Primaria agasallaron as nenas e nenos de Educación Infantil e de primeiro ciclo de Educación Primaria cunhas lecturas compartidas

Ademais, durante todo este mes de decembro, a nosa bibliogalán converteuse nun espazo onde, durante os recreos, levamos a cabo uns pequenos obradoiros para elaborar uns agasallos para as afilladas lectoras e os afillados lectores. 

Con esta actividade aproveitamos para desexarvos a todas e todos unhas festas de inverno cheas de momentos felices e un ano 2024 con saúde!

Galería de imaxes, premendo aquí.

Podedes ver máis fotos nas nosas redes sociais, @bibliogalan