Amosando publicacións coa etiqueta nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta nadal. Amosar todas as publicacións

18 de dec. de 2024

Recomendacións lectoras para as festas de inverno 2024

As festas de inverno son o momento perfecto para facer unha pausa, coller un bo libro e deixarse levar polas historias. Desde a bibliogalán, propoñémosvos unha selección de lecturas coidadosamente elixidas para que todas e todos podades atopar o libro ideal. Esta guía, composta por títulos en lingua galega que destacan por:

  • Contar con autoras, autores, ilustradoras, ilustradores e editoriais galegas, un compromiso coa nosa cultura e creatividade local.
  • Ofrecer propostas para todas as idades: prelecturas para as máis pequenas e pequenos, primeiras lecturas, lecturas autónomas, expertas, en familia e tamén para persoas adultas.
  • Promover valores como a igualdade, o respecto e a solidariedade a través de obras de compromiso social.

Consulta a guía completa premendo aquí. (en alta calidade)

Invitámosvos a mergullarvos no mundo das historias porque non hai mellor compañeira para estas festas que unha boa lectura. Vémonos no 2025. Saúde!






Elaboramos postais con circuitos en papel

Durante os recreos do mes de decembro, levamos a cabo, coa axuda do noso alumnado de voluntariado, uns obradoiros para o alumnado do segundo ciclo de Educación Primaria, de postais, con temática das festas de inverno, con circuitos en papel. Cun pouco de papel, cobre, baterías e creatividade, fixemos luz. 








13 de dec. de 2024

Obradoiro sobre o etiquetado dos xogos


Na bibliogalán participamos nun obradoiro para todo o alumnado de primeiro ciclo de Educación Primaria sobre os principais etiquetados dos xogos e xoguetes que tanto protagonismo teñen nas festas de inverno que xa estamos a celebrar. Puidemos experimentar e coñecer as iconas sobre a idade, os materias, a súa orixe, a súa responsabilidade ambiental, etc. Para que todas e todos, á hora de facer as compras, poidamos entender a súa etiquetaxe e facelas o máis seguras e conscientes posibles.

20 de dec. de 2023

Apadriñamentos lectores, agasallando lecturas

Estamos en tempos de agarimo e agasallos, por iso, nunha nova sesión dos nosos apadriñamentos lectores, as nenas e nenos de terceiro, cuarto, quinto e sexto de Educación Primaria agasallaron as nenas e nenos de Educación Infantil e de primeiro ciclo de Educación Primaria cunhas lecturas compartidas

Ademais, durante todo este mes de decembro, a nosa bibliogalán converteuse nun espazo onde, durante os recreos, levamos a cabo uns pequenos obradoiros para elaborar uns agasallos para as afilladas lectoras e os afillados lectores. 

Con esta actividade aproveitamos para desexarvos a todas e todos unhas festas de inverno cheas de momentos felices e un ano 2024 con saúde!

Galería de imaxes, premendo aquí.

Podedes ver máis fotos nas nosas redes sociais, @bibliogalan











20 de dec. de 2021

Lecturas recomendadas para as festas


Chega o momento de descansar, de pasar uns días en familia, de sentir moitas emocións e de continuar con distintas tradicións. E falando de tradicións, unhas festas máis, aquí está a guía de lectura. A guía de lectura é unha ferramenta ideal para agasallar literatura estas vacacións así como para dedicar un tempo á lectura en familia.

Os libros seleccionados para a nosa guía, clasificada segundo o criterio da biblioteca, é o resultado dos libros máis prestados durante este trimestre na nosa #BiblioGalán, de novidades de autoras e autores de éxito e de libros que desenvolven e promocionan os obxectivos da axenda 2030 como un desenvolvemento sostible, unha igualdade de xénero, un bo coñecemento emocional, en definitiva, un ensino de calidade, cun porcentaxe elevado de autoras, autores e títulos en lingua galega.

Consulta e descarga a nosa guía de lectura aquí ou premendo na imaxe.