Amosando publicacións coa etiqueta lecturascompartidas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lecturascompartidas. Amosar todas as publicacións

20 de maio de 2026

Letras e música: homenaxeando a Begoña Caamaño


Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou unha actividade moi especial. Alumnas de 6º de educación primaria levaron  a cabo unha lectura de textos sobre a vida e traxectoria de Begoña Caamaño. Foi un momento para coñecer, reflexionar e poñer en valor a súa importancia para a literatura do noso país. 

A actividade completouse cunha fermosa exhibición de pandeireta, onde estas alumnas interpretaron pezas de música tradicional. 

Música e letras uníronse, combinando cultura, expresión e identidade

18 de maio de 2026

Máis lecturas compartidas coas familias


Durante este trimestre, a bibliogalán abriu as súas portas ás familias para compartir un dos maiores praceres: a lectura.

A actividade tivo tanto éxito que moitas familias se animaron a participar máis aló do mes de abril. Nais, pais e outros familiares achegaron historias e lendas ao noso alumnado, enriquecendo a visa do centro e fortalecendo os lazos entre escola e fogar.

Encántanos tervos na biblioteca!



6 de maio de 2026

Visíta da autora Sara Aramburu


O xoves 30 de abril visitou a bibliogalán a autora Sara Aramburu e leunos o seu libro ¿Dónde está mi vaso de agua? acompañada de quen inspirou a historia. Asistiu o alumnado de 1º e 3º de Educación Primaria Moitas grazas á ANPA da escola por organizar esta actividade.

28 de abr. de 2026

Contos na lareira: abril compartido

Este mes de abril, para celebrar o Día do Libro, decidimos invitar ás familias do centro a que visitaran a bibliogalán. Colgamos a seguinte convocatoria nas redes sociais da escola e da biblioteca e na páxina web da escola e pedimos ós mestres e mestras que enviaran mensaxes por abalar ás familias para invitalas. 


Moitas familias quixeron acompañarnos e leron libros ilustrados, contaron lendas, etc. Algúns grupos tamén tiveron a sorte de recibir un pequeno agasallo. Aos rapaces e rapazas de Galán gustoulles tanto que as familias están continuando a vir durante o mes de maio. Aquí tedes algunhas fotos destas visitas. 





11 de mar. de 2025

8M: Ler para cambiar a historia

Este 8 de marzo, a bibliogalán encheuse de historias e imaxinación para celebrar o Día da Muller. O alumnado voluntario organizou un contacontos para Educación Infantil, lendo Caperucita Roja de Roald Dahl, unha versión que rompe cos estereotipos tradicionais e presenta unha protagonista forte e decidida. A lectura estivo chea de emoción e risas, facendo que as máis pequenas e os máis pequenos desfrutaran dunha historia diferente.

Despois, as nenas e nenos participaron nun obradoiro de papiroflexia, no que crearon marionetas tipo comecocos coas caras das e dos personaxes do conto. Esta actividade permitiulles recrear a historia ao seu xeito, fomentando a súa creatividade e motricidade fina.

Para completar a conmemoración, preparamos unha exposición de libros sobre igualdade, mulleres inspiradoras e feminismo, dispoñibles para consulta e préstamo. Unha xornada chea de literatura, aprendizaxe e diversión!





26 de feb. de 2025

Conmemoramos o Día de Rosalía na biblioteca

A nosa biblioteca, xunto co EDLG, celebrou esta semana o Día de Rosalía de Castro cunha actividade moi especial coa axuda de alumnado de cuarto e quinto de Educación Primaria. A través da poesía, da música e da lectura, achegámonos á figura e á obra desta autora fundamental da nosa literatura.

O recital de poesía permitiunos escoitar algúns dos seus versos máis coñecidos, mentres que a música de Uxía e o libro-disco Rosalía pequeniña engadiron ritmo e emoción á sesión. Para coñecer mellor a súa vida e a súa importancia, tamén realizamos lecturas da súa biografía cos libros Rosalía de Castro de primeiras letras dos Bolechas e Rosalía de Castro de Cumio.

A actividade estivo dirixida ao alumnado de Educación Infantil, primeiro e segundo ciclo de Educación Primaria, que gozou dun encontro cheo de palabra, voz e emoción arredor de Rosalía.

30 de xan. de 2025

Celebramos o Día da Paz

Na bibliogalán conmemoramos o Día da Paz cunha actividade moi especial protagonizada polo alumnado voluntario. Para traballar este valor fundamental, compartimos a lectura do libro Lo que no le gusta a la guerra, de Ximo Abadía, coas nenas e nenos de 1º de Educación Primaria.

A través das ilustracións e da mensaxe do libro, reflexionamos sobre o que significa a paz e o que non lle gusta á guerra. Despois, participamos nunha actividade creativa inspirada na portada do libro: encheron unha xaula con todo o que non lles gusta da violencia, seleccionado aquelas palabras que lles gustaría afastar do mundo.

Para que toda a comunidade educativa poida ver este traballo, a nosa xaula da violencia quedou exposta no recibidor do centro, como un recordatorio de todo o que queremos cambiar para vivir nun mundo mellor.

Ademais, o equipo de biblioteca preparou unha selección de lecturas recomendadas para que en cada titoría se puidese ler un libro sobre a paz, a convivencia e o respecto. Unha maneira perfecta de seguir reflexionando sobre este tema tan importante!

Ler, pensar e construír un mundo mellor é posible. Grazas a todo o alumnado participante por este fermoso traballo!









27 de nov. de 2024

Lecturas compartidas polo 25N


A conmemoración do 25N pola eliminación da violencia contra a muller pasou pola bibliogalán en forma de lecturas compartidas por parte do noso alumnado de quinto de Educación Primaria para o alumnado de segundo de Educación Primaria. A lectura de O país dos mandóns de Paloma Rodríguez e Cristina Justo levounos a un debate e reflexión moi interesante e importante. Ademais, contamos cunha selección de lecturas para préstamos, compartir en aula, etc.



14 de nov. de 2024

Volven os Contos na lareira: Anímate a participar!


Na nosa biblioteca gústannos as historias, as que nacen dos libros… e tamén as que viven nas persoas que nos rodean. Por iso, estamos encantadas e encantados de seguir co noso proxecto Contos na lareira, unha iniciativa que enche de vida, emoción e aprendizaxe a nosa biblioteca escolar.

Convidamos a toda a comunidade educativa a participar: familias, avoas e avós, nais e pais, irmáns, tías e tíos, primas e primos… así como o persoal docente e non docente do centro. Todos e todas sodes benvidos para compartir un conto, unha experiencia, un xogo ou unha historia especial ao carón da nosa lareira simbólica.

Porque cada voz conta, e cada historia vivida ou imaxinada é unha oportunidade para achegarnos, coñecernos mellor e seguir aprendendo xuntos.

🔗 Se queres participar, só tes que cubrir este formulario:

Anímate! Esperámoste na Bibliogalán para seguir contando e escoitando xuntos arredor do lume dos contos.

8 de xuño de 2024

Un curso de lecturas compartidas

Se hai unha actividade estrela na nosa bibliogalán son as lecturas compartidas entre todas as alumnas e todos os alumnos do centro. Despois de cada recreo sempre hai algunha compañeira e compañeiro ou alumnado voluntariado disposto a ler contos noutras aulas doutros niveis e etapas educativas. Uns momentos compartidos que sen dúbida son unha ledicia para todas e todos nós.