Amosando publicacións coa etiqueta encontros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta encontros. Amosar todas as publicacións

18 de maio de 2026

Encontro con María Canosa


O pasado xoves, coincidindo coa semana na que celebramos o Día das Letras Galegas, tivemos a sorte de contar coa presenza dunha autora moi querida na bibliogalán: María Canosa. Os alumnos e alumnas que forman parte dos nosos clubs de lectura de alumnado, Os Caracoliños e Os Marciáns Lectores, mantiveron un encontro con ela para intercambiar impresións sobre a novela A Cazadora de Estrelas. Contounos un pouco sobre o seu proceso creativo, a súa vida e resolveu todas as nosas dúbidas sobre o libro.

Moitísimas grazas pola visita!




27 de nov. de 2025

Faladoiros do mes da ciencia

 


Dentro deste Novembro, mes da ciencia en galega, tivemos dúas charlas na bibliogalán a cargo de dúas persoas que forman parte da comunidade educativa do centro. 

Cos alumnos e alumnas de 1º de Educación Primaria estivo unha bióloga que nos contou un montón de detalles interesantes sobre os seus traballos como investigadora e tamén como docente. Estivemos aprendendo un montón sobre xenética con ela!

Os rapaces e rapaces de 4º estiveron facéndolle un millón de preguntas a una técnica de soporte informático Help-Desk, que nos resolveu dúbidas sobre  ordenadores, táblets ou teléfonos móbiles. 

Moitas grazas ás dúaspola visita!




6 de xuño de 2025

Un día con Iván R.: ilustración, creatividade e moita inspiración

Esta semana tivemos o pracer de recibir no noso centro ao ilustrador, autor e editor Iván R., unha visita que nos encheu de creatividade e aprendizaxes visuais tanto para o club de lectura de alumnado como para o PFPP de profesorado.

Durante a mañá, Iván reuniuse co noso club de lectura de sexto de primaria. Compartiu co alumnado o seu apaixonante traballo como ilustrador, amosando algúns dos seus principais títulos publicados e debullando o proceso creativo que hai detrás das súas obras. Un dos momentos máis especiais foi a presentación do seu xogo de cartas Porquelandia, que serviu de inspiración para que os nenos e nenas creasen as súas propias cartas personalizadas do xogo. Unha actividade que combinou lectura, expresión artística e pensamento crítico.

Xa pola tarde, Iván foi o protagonista dunha xornada formativa dentro do PFPP do profesorado no eido da biblioteca. Presentounos a súa experiencia tanto como autor e ilustrador, como tamén a súa valiosa visión desde o mundo da edición, ofrecendo un enfoque novo e moi útil para comprender o percorrido que seguen os libros e fondos antes de chegar ás estanterías da nosa biblioteca escolar. A sesión incluíu un divertido obradoiro de creatividade e ilustración, que nos permitiu explorar a nosa imaxinación e coñecer ferramentas para aplicar na aula.

Grazas, Iván, por compartir o teu tempo e talento connosco e facer da nosa biblioteca un espazo aínda máis creativo e inspirador. Volta cando queiras!