Amosando publicacións coa etiqueta díadasletrasgalegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta díadasletrasgalegas. Amosar todas as publicacións

20 de maio de 2026

Letras e música: homenaxeando a Begoña Caamaño


Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou unha actividade moi especial. Alumnas de 6º de educación primaria levaron  a cabo unha lectura de textos sobre a vida e traxectoria de Begoña Caamaño. Foi un momento para coñecer, reflexionar e poñer en valor a súa importancia para a literatura do noso país. 

A actividade completouse cunha fermosa exhibición de pandeireta, onde estas alumnas interpretaron pezas de música tradicional. 

Música e letras uníronse, combinando cultura, expresión e identidade

Actuación do Dúo Camándula


Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou unha actividade moi especial: a actuación do Dúo Camándula!

A través da interpretación de diferentes pezas musicais, o noso alumnado achegouse á riqueza da nosa cultura pero tamén deu unha volta por varios continentes!

Encantounos esta proposta!

18 de maio de 2026

Un xogo en Genially para coñecer a Begoña Caamaño

Na bibliogalán quixemos celebrar o Día das Letras Galegas poñendo o foco na homenaxeada, a autora Begoña Caamaño. Deseñamos este xogo en Genially para facer un pequeno repaso sobre a súa vida e obra. 

Deixámosvos aquí o xogo e esperamos que vos guste. 





 

Encontro con María Canosa


O pasado xoves, coincidindo coa semana na que celebramos o Día das Letras Galegas, tivemos a sorte de contar coa presenza dunha autora moi querida na bibliogalán: María Canosa. Os alumnos e alumnas que forman parte dos nosos clubs de lectura de alumnado, Os Caracoliños e Os Marciáns Lectores, mantiveron un encontro con ela para intercambiar impresións sobre a novela A Cazadora de Estrelas. Contounos un pouco sobre o seu proceso creativo, a súa vida e resolveu todas as nosas dúbidas sobre o libro.

Moitísimas grazas pola visita!




15 de maio de 2026

Colección do Día das Letras Galegas


Para conmemorar o Día das Letras Galegas, desde a bibliogalán preparamos unha exposición de libros que homenaxean a figura da autora e activista Begoña Caamaño e tamén doutros autores e autores aos que se lles adicou o Día das Letras Galegas en anos anteriores. Ademais, preparamos unha serie de recomendacións en KOHA, que podedes ver premendo aquí.


17 de maio de 2025

Celebramos as Letras Galegas con contos, música e tradición oral

Celebramos na biblioteca do CEIP de Galán unha emotiva e enriquecedora actividade para conmemorar o Día das Letras Galegas 2025, dedicado a un grupo de mulleres representantes da nosa tradición oral popular, entre elas Adolfina e Rosa Casás Rama, Eva Castiñeira, Prudencia e Asunción Garrido Ameijende e Manuela Lema Villar, voces que mantiveron viva a nosa identidade a través das cantigas, os refráns, os contos e a música.

Contamos coa presenza de Carla, exalumna do centro, que compartiu con nós a lectura do conto Sei cantar e sei bailar, de Eva Mejuto, e aproveitou a ocasión para facer unha marabillosa introdución ao mundo da poesía e tradición oral galega.

Carla explicou detalles sobre o traxe tradicional galego e falounos das mulleres que lle dan sentido á homenaxe deste ano, entre elas algunhas pertencentes ás Cantareiras de Meis, pero tamén doutras zonas, todas elas transmisoras dunha cultura rica, oral e colectiva. Tamén nos ensinou algunha cantiga popular e animou ao alumnado a participar.

Un dos momentos máis especiais foi cando nos mostrou e tocou varios instrumentos tradicionais, moitos deles sinxelos e populares, como as cunchas, as culleres ou a pandeireta, demostrando como elementos cotiáns poden converterse en ferramentas musicais cheas de historia e significado.

Como peche da actividade, as cantareiras do noso centro interpretaron algunhas pezas preparadas coa súa profesora Salomé, enchendo a biblioteca de música e emoción.

Durante estes días, na biblioteca temos dispoñible unha selección de libros sobre as Letras Galegas e a tradición oral, que se poden prestar e consultar:

Ademais, como agasallo para toda a comunidade educativa, elaboramos unhas pandeiretas en 3D, unindo tradición e tecnoloxía, como símbolo desta celebración tan especial.

A actividade foi organizada conxuntamente pola bibligalán e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Grazas a todas e todos por facervos partícipes dunha xornada tan auténtica e chea de raíz.









19 de maio de 2023

Así foi o I Recital de Poesía da BiblioGalán





Co gallo do Día das Letras Galegas e coa colaboración do alumnado voluntario de quinto e sexto de Educación Primaria, organizamos na BiblioGalán o I Recital de Poesía.

Durante toda a semana, recibimos na nosa BiblioGalán a un gran número de alumnas e alumnos de todas as etapas e niveis educativos, que coa súa entrada solicitada previamente asistiron a un recital do máis variado de poesías, rimas, xogos de palabras tradicionais, trabalinguas, adiviñas, etc.

Gozamos moito e estamos seguras e seguros que será o primeiro de moitos!