Amosando publicacións coa etiqueta guiadelectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta guiadelectura. Amosar todas as publicacións

19 de xuño de 2025

Recomendacións lectoras para un verán cheo de aventuras

Chegan as vacacións… e con elas, unha oportunidade perfecta para gozar da lectura sen présas! Desde a microrrede de bibliotecas escolares As Mariñas, formada pola EEI de Barrionovo, o CEIP de Galán, o CEIP Sofía Casanova e o CRA de Culleredo, preparamos unha selección de recomendacións lectoras para este verán, pensadas para todas as idades e gustos.

Historias emocionantes, divertidas, sorprendentes… para seguir descubrindo o mundo a través dos libros tamén durante as vacacións.

Podedes consultar xa a guía completa no noso blog e nos espazos da biblioteca.

Boas lecturas… e feliz verán!






18 de dec. de 2024

Recomendacións lectoras para as festas de inverno 2024

As festas de inverno son o momento perfecto para facer unha pausa, coller un bo libro e deixarse levar polas historias. Desde a bibliogalán, propoñémosvos unha selección de lecturas coidadosamente elixidas para que todas e todos podades atopar o libro ideal. Esta guía, composta por títulos en lingua galega que destacan por:

  • Contar con autoras, autores, ilustradoras, ilustradores e editoriais galegas, un compromiso coa nosa cultura e creatividade local.
  • Ofrecer propostas para todas as idades: prelecturas para as máis pequenas e pequenos, primeiras lecturas, lecturas autónomas, expertas, en familia e tamén para persoas adultas.
  • Promover valores como a igualdade, o respecto e a solidariedade a través de obras de compromiso social.

Consulta a guía completa premendo aquí. (en alta calidade)

Invitámosvos a mergullarvos no mundo das historias porque non hai mellor compañeira para estas festas que unha boa lectura. Vémonos no 2025. Saúde!






18 de xuño de 2024

Recomendacións lectoras para o estío

Remata o curso escolar e con este remate, chega o momento do estío e do descanso. Desde a bibliogalán queremos recomendarvos libros para que gocedes do voso tempo de lecer con lecturas en galego, comprometidas, variadas e por suposto, de calidade






*Descarga aquí a nosa guía de lectura

19 de dec. de 2023

Non perdas a nosa guía de lectura para as festas de inverno 2023


É o momento de descansar e por suposto, de dedicar tempo para ler, para estar en familia, amizades, etc. É sen dúbida, un libro é un acompañante perfecto. Por iso, aquí temes unha selección de lecturas, todas novidade, que foron un éxito nos empréstitos da bibliogalán durante estes meses ou que son de interese debido a súa temática social, científica, emocional, etc. dentro do eido da Axenda 2030.

preme aquí para consultar a guía con maior calidade.

Boas festas a todas e todos!






18 de xuño de 2023

Que vas ler este estío? Bota unha ollada ás nosas propostas!


É momento de descansar, relaxarse, de pasar tempo coa familia e amizades e como non, gozar cunha boa lectura na praia, no campo ou na piscina. E para que non perdas moito tempo escollendo as lecturas que van acompañarte, aquí temos unha pequena selección de libros publicados ao longo deste ano de temática moi variada dende a narrativa, poesía, información e divulgación, banda deseñada, ilustración e todos cun importante contido feminista, sostible, integrador, con atención á diversidade afectivo - sexual e apostando pola lingua galega maioritariamente.













Podedes descargar a guía de lectura completa, premendo aquí.

23 de dec. de 2022

Recomendacións de lecturas para as festas de inverno 2022 - 23



É momento de descansar e por suposto, de dedicar tempo para ler, para estar en familia, amizades, etc. É sen dúbida, un libro é un acompañante perfecto. Por iso, aquí tedes unha selección de lecturas, todas novidade, que foron un éxito nos empréstitos da nosa BiblioGalán ou que son de interese debido a súa temática social, científica, emocional, etc. dentro do eido da Axenda 2030.


Boas festas e vémonos á volta!

20 de dec. de 2021

Lecturas recomendadas para as festas


Chega o momento de descansar, de pasar uns días en familia, de sentir moitas emocións e de continuar con distintas tradicións. E falando de tradicións, unhas festas máis, aquí está a guía de lectura. A guía de lectura é unha ferramenta ideal para agasallar literatura estas vacacións así como para dedicar un tempo á lectura en familia.

Os libros seleccionados para a nosa guía, clasificada segundo o criterio da biblioteca, é o resultado dos libros máis prestados durante este trimestre na nosa #BiblioGalán, de novidades de autoras e autores de éxito e de libros que desenvolven e promocionan os obxectivos da axenda 2030 como un desenvolvemento sostible, unha igualdade de xénero, un bo coñecemento emocional, en definitiva, un ensino de calidade, cun porcentaxe elevado de autoras, autores e títulos en lingua galega.

Consulta e descarga a nosa guía de lectura aquí ou premendo na imaxe.